Os populares piden ao equipo de goberno que “regresen á legalidade” xa que a secretaria advirte de irregularidades na tramitación dos contratos menores: Dentro de las observaciones realizadas, las más relevantes se refieren, a determinados servicios prestados y suministros realizados que superan el año previsto para la contratación menor, por los contratos menores que no se han tramitado conforme a lo previsto en la normativa y por el ejercicio de competencias impropias”
Lourenzá, 11 de abril de 2025. Os concelleiros do PP de Lourenzá levan meses advertindo da “delicada” situación económica pola que atravesa o Concello, unha situación que tamén advirte a secretaria interventora municipal nun informe no que “recomenda a suba de taxas e impostos para paliar o déficit que presentan as arcas do Concello”.
Os concelleiros populares explican que nese informe a secretaria interventora sinala que o resultado máis importante é o recollido no informe referido á liquidación do orzamento do ano 2024 que sinala: “O Concello atópase na tesitura de ter que adoptar medidas para a redución e contención do gasto corrente que non sexa imprescindible para o mantemento dos servizos básicos municipais, ou ben ao incremento dos ingresos correntes de libre disposición, posto que como se poñen de manifesto estes ingresos correntes chegan a duras penas para facer fronte aos gastos correntes”.
Unha situación que “vemos con moita preocupación”, explican os concelleiros populares, polo que “para evitar ter que repercutir subas impositivas aos veciños de Lourenzá o equipo de goberno debe evitar gastos innecesarios e comezar a seguir as recomendacións de control do gasto aconselladas pola secretaria interventora”.
Ademais, no informe tamén se advirte de varias irregularidades realizadas polo equipo de goberno, como as referentes á tramitación de contratos menores: “Dentro de las observaciones realizadas, las más relevantes se refieren, a determinados servicios prestados y suministros realizados que superan el año previsto para la contratación menor, por los contratos menores que no se han tramitado conforme a lo previsto en la normativa y por el ejercicio de competencias impropias”
Por outra banda, tamén se insta ao equipo de goberno local a contratar ao persoal necesario para poder realizar todas as funcións propias do Concello, xa que algunhas delas non se están a realizar adecuadamente pola falta de traballadores: “El órgano de control no dispone de los medios mínimos necesarios para desarrollar un modelo de control eficaz… por la falta de contratación de personal para cubrir las vacantes existentes”