“A nova Alcaldesa Mariña Gueimunde mostrou unha vez máis a súa soberbia no seu segundo Pleno Municipal como Rexidora, non deixando falar e incluso incumprindo o regulamento de orden interno do Concello de Viveiro”
“Pero non sólo iso, tivo a desfachatez de decir que o anterior equipo de governo inventara o nome de Inspector Xefe, cando era unha propasta da Secretaría Municipal e do Xefe de Persoal. A mesma que fixo ela no pleno de onte”.
“E aínda máis, non só fixo esas acusacións, ademais non deixou falar á oposición que tiñan dereito á palabra por alusións”.
“Recordámolle a Alcaldesa que a oposición representa a maioría dos votos do Concello de Viveiro e ao non deixarlles falar e defenderse está atentando contra os dereitos dos veciños e veciñas”.
“Por outra banda, tamén decir que é tanta a soberbia que ten que lle discutía á Secretaria Municipal o funcionamento do regulamento interno do pleno municipal”.