Repasou 40 anos de traxectoria e inspiración artística que iniciouinfluído, segundo lembrou, pola cerámica popular. O artista detallou durante a ponencia a progresiva incorporación de linguaxes creativas a súa faceta de escultor, con incursións na fotografía ou na poesía. O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García presentou o acto, agradecendo a disposición de Caxigueiro a colaborar cos museos provinciais en iniciativas divulgativas, como este encontro, ou proxectos do ámbito social, de forma complementaria a actividade expositiva.
