Viveiro, 23 de abril, 2025. En datas recentes foi nomeado o viveirense Francisco José Rey García (Kiko Rey) coa distinción ao mérito deportivo de Galicia por parte da Xunta de Galicia, por toda unha vida adicada ao deporte, primeiramente como futbolista e logo como adestrador.
Fai máis de dous anos foi diagnosticado de ELA, pero eso non impideu que seguíra adestrando as categorías bases da SD Viveiro. Na súa traxectoria deportiva militou en case todas as categorías do futbol español, tanto a mater como profesional, marcando goles en todas elas. Primeiramente xogador de futbol-sala para logo pasar as xuvenis do Viveiro CF, de donde daría o salto ao Real Madrid xuvenil. De seguido pasou por moitos clubes entre outros, Racing de Ferrol, CD Lugo, Ourense, Endesa As Pontes, UD Salamanca, Almería, Eiba, Logroñés, Cultural Leonesa, para rematar de novo a sua carreira profesional no Viveiro CF. Acadou a primeira división na UD Salamanca.
Á gala do deporte donde se entregarón os galardóns en Ourense, non poido acudir, e foille entregada a distínción no Concello de Viveiro o día 22 de abril por parte do Xefe ddo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, D. Manuel Otero, acompañado da Alcaldesa de Viveiro, sen que estivesen presentes representates do resto de grupos da Corporación Municipal.
Kiko todo un exemplo de traballo e constancia creemos que é merecedor tamén dunha distinción da Cidade de Viveiro.
E por todo o exposto , é polo que o Grupo Municipal do Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Viveiro somete á aprobación polo Pleno deste Concello esta moción, propondo a adopción do seguinte acordo:
Organizar por parte do governo municipal, como así considere, un recoñecemento oficial de toda a Corporación Municipal, así como dos vecinos e veciñas de Viveiro, nun acto público, ao deportista Kiko Rey, por toda a súa vida deportiva.