Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, realizaron este xoves unha visita ao recinto do Festival Independente de Vilalba, que dará comezo o venres coa súa 19ª edición, e que traerá dous días de música indie con artistas de renome

A Deputación achega 50.000€ ao Concello de Vilalba para a organización deste evento. O festival, que agarda recibir este dous días a milleiros de persoas, contará con artistas de renome como Varry Brava, Joe Crepúsculo, Shinova, León Benavente e The Rapants, entre outros. Pablo Rivera destacou a importancia do evento, que se celebra desde 2008, e subliñou que “o FIV é unha cita consolidada no panorama musical da comarca e da provincia, e desde a Deputación queremos continuar a apoiar este evento cultural, que tamén repercute positivamente na economía local”.

Exit mobile version