Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo

En total puxeron á venda 300 kgs de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón. A xornada contou con amenización musical. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Exit mobile version