O obxectivo é facilitar o acceso e evitar atascos tendo en conta a afluencia de persoas que se achegan a vila nestas datas
Viveiro, 14 de abril de 2025. O Concello de Viveiro establece tres áreas principais de estacionamento, distribuídas segundo a vía de acceso a vila, co obxectivo de optimizar os desprazamentos e minimizar o tráfico durante os días de maior actividade de Semana Santa.
Para os vehículos que accedan a Viveiro pola estrada LU-862 desde Xove, recomendase os estacionamentos situados na Zona A, que inclue as inmediacións da nave de redes en Celeiro, o aparacadoiro da piscina municipal, o porto deportivo de Viveiro, a zona do Casino e o peirao de Viveiro.
Os vehículos procedentes da estrada LU-862, dirección O Vicedo-Viveiro, recoméndase estacionar na zona B, nos colexios, na explanada do pavillón municipal e no Paseo Martín Ledesma.
E por último, os estacionamentos da zona C, para vehículos procedentes da estrada LU-540, dirección Ourol-Viveiro, recoméndase estacionar na zona de Verxeles (entorno da estación do tren e ITV), zona da Variante e aparcamento subterráneo, sito na Avda. Navia Castrillón.