No marco da reunión, onde Rego estivo acompañado polos concelleiros do BNG no Concello de Cervo – Diego Fernández e Zulema Murado- o deputado nacionalista anuncia que o BNG rexistrará iniciativas nas Cortes para instar o Goberno do Estado a garantir a extensión da banda larga ultrarrápida á totalidade da poboación, en todos os burgos de Cervo. “Non pode haber cidadáns de primeira e de segunda en función do lugar onde vivan. O acceso a internet en condicións dignas é un dereito básico no século XXI” salienta o deputado nacionalista.
Rego subliña a necesidade de acabar coa fenda dixital que afecta de maneira especial ao rural galego, dificultando o acceso a servizos, oportunidades laborais e educativas, e mesmo limitando o asentamento de poboación. “A conectividade é esencial para fixar poboación no territorio e para garantir igualdade de oportunidades”, destacou.
O BNG reafirma así o seu compromiso coa defensa dos dereitos da cidadanía galega, reclamando ao Estado os investimentos necesarios para que o rural non quede atrás na transición dixital.