“Desde o inicio do mandato, a Alcaldesa 60K demostrou ter unha estratexia clara: culpar ao BNG de todo para evitar afrontar os problemas reais da veciñanza. Prefire coller o camiño máis doado: culpar aos demais”.
“A culpa é de Míriam” é a excusa perfecta. “Un recurso que lle permite evitar responsabilidade, escorrer o bulto e, de paso, facer campaña contra o BNG con cargo ao Concello. Porque, ao parecer, para o PP de Viveiro gobernar é opcional”.
“Dende o BNG lembramos que o Concello dispón de ferramentas para actuar: elaborar ou modificar ordenanzas, buscar novas vías de ingreso, traballar en proxectos transformadores, ou incluso lograr consensos coa oposición. Pero nada disto entra nos plans do actual goberno local, que xa ten posta a mirada nas eleccións de 2027”.
“Viveiro non precisa unha alcaldesa que culpe aos demais mentres se queda de brazos cruzados. Precisa un goberno que traballe. Unha Alcaldía que asuma responsabilidades. Un proxecto que mire polo ben común, non polos intereses partidistas”.
“Desde o BNG seguiremos a facer o noso traballo: fiscalizar, propoñer, e sobre todo, estar ao lado da veciñanza. Porque para nós, Viveiro vai primeiro. E a culpa da falta de goberno, señora Gueimunde, non é nosa”.