Burela, 14 de abril, 2025. A Xunta de Persoal do distrito sanitario da mariña fixo un chamamento a tódalas categorías profesionais a secundar a convocatoria de concentración “En Defensa dos Pacientes da Mariña” que tivo lugar este luns na entrada do hospital.
Persoal facultativo solicitou a esta xunta de persoal a convocatoria das concentracións para sumar a todas e todos as traballadoras e traballadores nunha mesma loita: denunciar as carencias dun Hospital da Mariña incapaz de cubrir as necesidades sanitarias da veciñanza da comarca.
A concentración de protesta foi secunda por todas as categorías profesionais á que tamén se sumaron usarios da sanidade.