Mañón, 21 de abril, 2025. Nordés chega ca primeira actividade do 2025.
Desta vez integrando o coñecemento da EcoAldea O Cadaval dentro das xornadas que comezaban no 2018 chamadas “Alternativas do Rural” para mostrar as realidades do(s) territorio(s) que habitamos e as posibilidades do(s) mesmo(s).
Sábado, 26 de abril, ás 10:30h. Visita guiada.
O Cadaval é un lugar que comprende máis de 10 hectáreas de terreo. Percorreremos o seu bosque comestible, a súa fraga autóctona e as súas construcións e vivenda tradicionais.
Durante a visita explicarán a súa filosofía e os obxectivos a medio prazo da comunidade creada e futura.
Prezo da xornada (coa comida incluida ás 14:30h. con coloquio posterior):
10,00€/persoa asociada ou crianzas entre 4 e 11 anos.
15,00€/persoa non asociada.
No xantar haberá opción vexetariana.
Domingo, 27 de abril, entre as 09:30h e as 14:30h. Obradoiro de bioconstrución.
O albanel Adrián Keiser, tamén veciño das Grañas, impartará un obradoiro de bioconstrución de muros tradicionais centrándose non só na realización, senón tamén na reparación e encintado con cal hidráulica.
Prezo da xornada (coa comida incluida ás 15:00h. con coloquio posterior):
20,00€/persoa asociada.
25,00€/persoa non asociada.
10,00€ para crianzas entre 4 anos e 11 anos.
No xantar haberá opción vexetariana.
As prazas son limitadas, por iso, é importante anotarse no 630742554 (Quique) para un só día ou para as xornadas completas.
As crianzas entre 4 e 11 anos terán unha monitora cunha actividade adaptada.