Site icon Crónica3.com A Mariña

Memoria da Mariña organiza este sábado en Mondoñedo unha homenaxe a José Sánchez Gacio

Mondoñedo, 11 de abril, 2025. José Sánchez Gacio (Mondoñedo, 1898-1980), avogado de profesión, ostentou os cargos de presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil da provincia da Coruña nos tempos democráticos da II República (1931-1936).

Tras o golpe de Estado de 1936 foi detido, sometido a consello de guerra en 1938 e sentenciado a pena de morte, despois conmutada.

Actos en Mondoñedo este sábado, 12 de abril.

12:00h._Casa da Xuventude (R/ Pacheco, 5).

-Alba Díaz Geada, historiadora e profesora da USC: “Exterminar unha causa. O golpe de 1936 na Galiza”.

-Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo: “José Sánchez Gacio, un mindoniense de ben represaliado polo franquismo”.

-Coloquio moderado por Xusto Fernández Haro

13:15h_Cemiterio Vello de Mondoñedo

-Intervencións de Xulio Rodríguez e Xose Luis Fernández Rivera, en representación de Memoria da Mariña.

-Intervención de Silvia Sánchez en representación da familia de José Sánchez Gacio.

-Ofrenda floral e colocación dunha placa na súa memoria.

-Lectura de poemas e outros textos en homenaxe a J. Sánchez Gacio.

-Interpretación do Himno Galego.

-Xantar de confraternidade na Casa da Penela (25 euros persoa).

Reservas ata o mércores, 9 de abril: 683 148 757 (Xulio) 608 987 474 (Luis).

Exit mobile version