Vinte mulleres recolleron os certificados de materias como limpeza industrial, habilidades sociais, igualdade laboral, dereitos laborais, igualdade de xénero, emprendemento, introdución á informática e competencias dixitais básicas
Os programas Mellora e Mellora+, organizados por Alar Galicia, están dirixidos, entre outras, a persoas en risco de exclusión social, perceptores de renda de inclusión social ou similar, vítimas de violencia de xénero ou en proceso de rehabilitación social.
Mariña Gueimunde felicitou ás mulleres que recolleron cadanseu diploma «porque puxestes o voso esforzo ante a posibilidade de realizar unha formación que podería traer novas oportunidades de vida».