Subliña que a firma permitirá a Alcoa saír da súa condición de empresa en crise e acceder a axudas públicas e outras vías de financiamento
Santiago, 1 de abril de 2025. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou hoxe de “boa noticia” o rearranque da planta de San Cibrao e o acordo asinado entre Alcoa Corporation e Ignis EQT para a formación dunha empresa conxunta (join venture). Un acordo que podería permitir á planta lucense saír da súa condición de empresa en crise, comezar a percibir axudas para a industria electrointensiva e poder continuar coas inversións acordadas.
Segundo apuntou, o acordo subscrito entre as dúas empresas reforza a Alcoa tanto desde o punto de vista económico como no eido tecnolóxico “xa que a experiencia no sector enerxético que ten Ignis é relevante e vai achegar á fábrica de San Cibrao valor engadido”, sinalou ao tempo que destacou que o investimento comprometido “permitirá seguir traballando e apostando pola planta lucense”.
Sen embargo, a conselleira de Economía e Industria subliñou en que a partir deste momento resulta fundamental, ademais do rearranque das cubas, o inicio dos traballos para alcanzar a cota 104 da balsa de lodos vermellos que foi autorizada pola Xunta de Galicia. Tamén definiu como fundamental que continúen as inversións por parte de Alcoa e de Ignis no complexo de San Cibrao para garantir o mantemento do emprego e a viabilidade futura.