A institución provincial destina preto de 210.000€ para acometer estes traballos que afectan á totalidade da vía, algo máis de 2 quilómetros, e que consisten na limpeza de cunetas, na rehabilitación do firme e na reposición da sinalización
Este proxecto, que está a realizar a empresa Grupo Bascuas 2008 SL, conta cun prazo de execución de dous meses, e consiste na limpeza de cunetas, na repavimentación do firme con aglomerado en quente, na sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e na reposición da sinalización vertical.
Trátase dunha actuación moi relevante para o municipio mariñán xa que esta estrada conta con elevado volume de tráfico especialmente na época estival, pois conecta coa N-634 e á LU-P-0610 que dá a unha das zonas máis turísticas de Barreiros, a praia do Coto. A mellora desta vía garantirá a circulación dos seus usuarios e usuarias nas máximas condicións de seguridade e comodidade.