Foz, 15 de abril de 2025. Dúas son as propostas de Acia Foz-CCA para estes días: 16, 17 e 19 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks; e do 17 o 19 a gastronomía será a protagonista coas Santas Tapas.
Trinta e tres negocios participarán os días 16, 17 e 19 de abril no Comercio na Rúa. Durante as xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar o Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes mañá, mércores, o Xoves Santo e o sábado. Esta é unha campaña tradicional que facemos tanto en Semana Santa como no verán en Foz, que ten moi ba acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.
E todo está listo para a celebración das Santas Tapas do 17 ao 19 de abril, tradicional cita gastronómica destas datas na que se dan cita 12 establecementos hostaleiros: 9 Olas, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Bar Campos, Dandy, Espacio Machete, Los Dulces de Delphin, Marexada, Mexideli, Tangarte Mesón e Xoyma.
Paleo contou que “o que pretendemos é ofrecer un aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz e a outras localidades da Mariña. Agardamos que as Santas Tapas neste 2025 sexan un reclamo ao igual que o foron o pasado ano”. O prezo das tapas será de 3 euros.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz nestas dúas campañas.