Ribadeo, 1 de abril de 2025. O pub Ribanzo acolleu o pasado 22 de marzo o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo, que reuniu a 40 parellas.
O sistema foi Torneos A, B e C preclasificatorio e eliminatorias. E os premios que recibiron os gañadores do Torneo A consistiron en invitación para o Máster Nacional 2025, que se celebrará en novembro en Marbella/Estepona (con hotel e media pensión) e 3 invitacións para o premáster; e os gañadores dos Torneos B e C recibiron cada unha das parellas, entre outros agasallos, 2 invitacións para o premáster.
O II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo estivo organizado polo pub Ribanzo e Asesmus. E contou coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo e de Gaudeamus Lugo. Desde a organización agradecen a participación de todas as parellas asistentes e a colaboración de todas as firmas que fixeron posible a celebración deste evento.