Foz, 11 de abril de 2025. Este venres, abriuse de novo ao tráfico a Avenida da Mariña. E polo tanto a rúa Álvaro Cunqueiro volverá a súa configuración anterior ás obras, co tráfico en sentido Ribadeo.
O rexedor municipal explica que na Avenida da Mariña “quedan pendentes traballos de sinalización horizontal e vertical, que se van facer despois de Semana Santa” e pide desculpas “a todos os veciños e aos comerciantes da rúa, que tiveron que soportar as obras durante estes algo máis de trinta días. Desde o Concello fixemos un esforzo importante e xa lles trasladáramos que íamos abrila antes de Semana Santa e foi posible”.
“Seguimos traballando para continuar acondicionando as rúas do pobo”, remata Fran Cajoto.