A totalidade das e dos veciños do Concello de Ourol asinaron o documento reivindicativo e demandaron deste xeito que se cubra de xeito estable o médico recentemente xubilado, pero quexa levaba ausente moitos meses.
Desde o colectivo sanitario e o Concello de Ourol esixen á Xerencia, como primeira responsable da situación sanitaria, que deixe de precarizar e de poñer “parches mal cosidos”, e se poñan a traballar para solucionar de inmediato a situación.