Foz, 11 de abril de 2025. En Foz está todo listo para a celebración das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA do 17 ao 19 de abril.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cita gastronómica denominámola Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite”. Trátase de: 9 Olas, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Bar Campos, Dandy, Espacio Machete, Los Dulces de Delphin, Marexada, Mexideli, Tangarte Mesón e Xoyma.
Paleo contou que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas. Levamos moitos anos organizando a ruta de tapas, que sempre tivo unha grande acollida, e agardamos que as Santas Tapas neste 2025 sexan un reclamo ao igual que o foron o pasado ano”.
9 Olas ofrecerá roliño de carne e arroz en folla de repolo e salsa de creme fraiche; A Rambla-Pachá propón salpicón de mar de Foz; Anduriña, torrija de Semana Santa: bacallau confitado con crema de pementos e crujiente de fideos; en Augas Santas poderase saborear bocadiño de polo en salda Vitel Toné; o Bar Campos propón pastel de peixe caseiro; Dandy, milfollas de codillo; Espacio Machete ofrecerá Sabe a verán; a tapa de Los Dulces de Delphine chámase La Golosa; Marexada ofrecerá Galician street food; Mexideli, dúo de frautas de cocho ao pastor; a proposta de Tangarte Mesón chámase Hoxe máis que nunca; e Xoyma ofrecerá Delicias de bacallau. O prezo das tapas será de 3 euros.
Na presentación das Santas Tapas participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.