Site icon Crónica3.com A Mariña

David ballester volverá dirixir a Banda de Ribadeo no concerto de Semana Santa, o 16 de abril na igrexa parroquial de Santa María do Campo

Ribadeo, 10 de abril de 2025. Despois duns meses de baixa, o director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, volverá levar a batuta da formación no concerto de Semana Santa, que será o día 16 deste mes, mércores, ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

David Ballester anuncia esta actuación: “chega a Semana Santa e con ela o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, retomando as actuacións neste 2025. Farémolo na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás nove menos cuarto da tarde. Invitamos a toda a xente a que se achegue a este concerto na igrexa parroquial, que é un marco incomparable para este tipo de actuacións. A gran maioría das pezas serán marchas procesionais, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda de Música de Ribadeo”.

Ademais Ballester engade: “xa que estiven unha tempada de baixa, non quero deixar pasar a ocasión para agradecer tanto aos músicos que compoñen a familia da Banda como a Rubén Solloso, que me substituíu na dirección para que a Banda non parase en ningún momento, puidese seguir traballando e levar a cabo o concerto Aquí como en Viena. Simplemente darlles as grazas a todos eles polo esforzo realizado e vémonos no concerto de Semana Santa, o mércores 16 de abril ás nove menos cuarto da tarde na igrexa parroquial”.

Exit mobile version