Foz, 21 de abril, 2025. Este xoves día 24 de abril ás 20:30h, estará na Libraría Bahía de Foz, a autora Cecilia F. Santomé nun coloquio arredor da súa última novela As despedidas. O encontro enmárcase dentro das actividades organizadas desde o club de lectura A carón dos libros e está aberta para todo o público que queira asistir.
Cecilia F. Santomé é unha autora vilalbesa, e esta é a súa terceira novela. Nela aborda o momento da morte dun home maior, e as relacións de familia que se mostran nese momento da despedida definitiva.
Por outra banda, o mércores día 23 de abril celébrase o Día do Libro polo que durante todo o día os libros terán un 10% de desconto e, se o tempo o permite, sacaranse libros e música á rúa para celebralo.