A deputada de Cultura Iria Castro asistiu esta tarde ao acto de clausura da exposición “Universo Vizoso”, que reuniu, ademais de numeroso público, familiares e amizades do artista , como os seus fillos, Daniel e Pepe Vizoso, e o debuxante Siro López, e que transcorreu como nunha emotiva homenaxe ao artista recentemente falecido. A exposición, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación con motivo do recoñecemento a Vizoso polo Día da Ilustración 2025, iniciará agora unha itinerancia pola provincia, que comeza en Vilalba. Poderá visitarse na Casa da Cultura vilalbesa desde o 8 de abril ata o 7 de maio.
