Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo será escenario este sábado do II Trofeo de Marcha Atlética

As pistas da Veiga acollerán esta competición que puntúa para o Circuíto Galego desta disciplina

Cervo, 11 de abril de 2025. O Concello de Cervo acollerá este sábado, 12 de abril, o II Trofeo de Marcha Atlética, puntuable para o Circuíto Galego.

A cita arrincará ás 11:00 horas, e agardase a participación duns 70 atletas de toda Galicia que competirán nas categorías SUB-12, SUB-10, SUB-14, SUB 16, e absoluta, masculina e feminina, na meirande parte das franxas de idade.

Desde o Concello de Cervo “animan a veciños e visitantes a desfrutar da competición e agardan que os participantes aproveiten a ocasión para descubrir todo o que pode ofrecer o noso Concello”.

Exit mobile version