Cervo, 10 de abril, 2025. Cervo acollerá un curso gratuíto de reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais. A formación desenvolverase na Casa da Cultura e na piscina municipal os días 26 e 27 de abril
As inscricións pódense formalizarse a través da ligazón https://agasp.xunta.gal/gl/course/252120, ata o 21 de abril
Está dixixido aos profesionais deste ámbito, especificamente para persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a inscrición.
As clases impartiranse en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas