A proba disputarase o sábado e o domingo na Piscina Municipal Olímpica
Cervo, 11 de abril de 2025. O Concello de Cervo será o escenario esta fin de semana, e por primeira vez, do campionato galego de Wáter-Polo Infantil Mixto de Inverno.
A proba foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, que atraerá esta fin de semana a máis de 120 deportistas, cos seus respectivos adestradores e familiares ao noso Concello, procedentes de 9 clubs de toda Galicia: CW Pontevedra Masculino, CW Pontevedra Feminino, C Marina Ferrol, RCN de Vigo, CW Santiago A, CW Santiago B, CW As Mariñas, CW Coruña Rías Altas e CW Lugo.
Dará comezo o sábado as 13:30 horas cos partidos da primeira fase. O domingo, a partir das 10:00 horas serán as finais.
A alcadesa puxo en valor a versatilidade das instalacións privilexiadas que temos que nos permiten poder atraer competicións de diversa índole e disciplinas diferentes, “atraendo competicións como esta cun gran impacto económico para a nosa zona pola cantidade de xente que move”.
A rexedora convidou a todo o mundo a acudir a Cervo nunha fin de semana na que “poderán gozar, de xeito gratuíto, dun evento deportivo diferente, e que achegará este deporte non tan coñecido na nosa zona, ao público xeral”.