A cita, na que participarán conxuntos de catro categorías, está organizada polo CD Cariño coa colaboración do Concello
Durante eses catro días, o Campo Municipal de Cariño será o epicentro dunha auténtica festa do deporte basee na que participarán máis de 900 xogadores. A cita congregará no concello a 17 equipos de distintas partes de Galicia e de catro categorías diferentes (prebenjamín, benjamín, alevín e infantil).
O torneo converteuse xa nunha das competicións de maior renome dentro do fútbol base galego, sendo unha das citas de fútbol 8 con maior percorrido da actualidade.
O Concello de Cariño, a través da concelleira de Deporte, Laura García, quixo expresar o seu agradecemento á directiva do Club Deportivo Cariño por “el gran trabajo y el enorme esfuerzo realizado para organizar este torneo, que supone un impulso muy positivo para nuestro concello desde el punto de vista turístico, reuniendo a varios centenares de visitantes en una época tan importante como la Semana Santa”.