A cita, na que participarán conxuntos de catro categorías, está organizada polo CD Cariño coa colaboración do Concello
Cariño, 10 de abril, 2025. Cariño prepárase para acoller unha das citas deportivas máis especiais do calendario, coa celebración do XVI Torneo de Fútbol 8, organizado polo Club Deportivo Cariño coa colaboración do Concello. O torneo terá lugar en Semana Santa, empezando o xoves 17 e finalizando o domingo 20 de abril.
Durante eses catro días, o Campo Municipal de Cariño será o epicentro dunha auténtica festa do deporte basee na que participarán máis de 900 xogadores. A cita congregará no concello a 17 equipos de distintas partes de Galicia e de catro categorías diferentes (prebenjamín, benjamín, alevín e infantil).
O torneo converteuse xa nunha das competicións de maior renome dentro do fútbol base galego, sendo unha das citas de fútbol 8 con maior percorrido da actualidade.
O Concello de Cariño, a través da concelleira de Deporte, Laura García, quixo expresar o seu agradecemento á directiva do Club Deportivo Cariño por “el gran trabajo y el enorme esfuerzo realizado para organizar este torneo, que supone un impulso muy positivo para nuestro concello desde el punto de vista turístico, reuniendo a varios centenares de visitantes en una época tan importante como la Semana Santa”.