Esta actividade, que terá lugar o mércores 16 de abril no Parque de Calistenia situado no Paseo Marítimo de Cariño, está destinada a persoas maiores de 14 anos. Será totalmente gratuíta e non haberá que realizar inscrición previa para poder participar. A actividade desenvolverase en dous horarios diferentes, cunha sesión de mañá de 11:00 a 13:00 horas e outra de tarde de 16:30 a 18:30 horas.
