Ribadeo, 10 de abril de 2025. En Ribadeo foi asinado esta mañá o convenio para proceder á renovación da rúa Buenos Aires. No acto participaron o alcalde, o conselleiro de Mar e o presidente de Portos de Galicia. Tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Lugo e a concelleira de Seguridade, entre outros.
O rexedor contou que “hoxe visítannos o conselleiro do Mar e tamén o presidente de Portos para firmar un convenio para a renovación do pavimento e dotación de servizos na rúa Buenos Aires. Trátase dunha inversión de 450.000 euros e que agora nos próximos días vaise licitar esta obra. Una obra que é completa, xa que non só arranxamos o que se ve, senón o que non se ve, é dicir a rede de saneamento e abastecemento, tamén vamos arranxar todo o pavimento, facer de novo as beirarrúas, plan de humanización e tamén a mellora do entorno do auditorio Hernán Naval”.
Vega manifestou: “con isto queremos renovar unha rúa que estaba certamente abandonada, nosoutros reclamámoslle á Xunta unha inversión de 450.000 euros, que anunciou o luns o presidente da Xunta para Ribadeo e isto significa unha inversión importante para seguir mellorando. É unha vía importante de comunicación entre a zona portuaria e o casco de Ribadeo. Polo tanto, unha nova inversión, un novo convenio de 450.000 e euros e así imos seguir traballando e xestionando para que Ribadeo avance”.