A iniciativa, que continúa mañá na Casa da Xuventude, combina creación musical e escrita nun proxecto colaborativo
Desde a área de Mocidade do Concello destacan a excelente acollida da iniciativa e agradecen a participación da rapazada, así como o compromiso total de Nuno Pico coa actividade.
“Estamos moi compracidos de ver o nivel de implicación de Nuno Pico, de Grande Amore, porque a actividade se desenvolva da mellor maneira posible e de coidar o resultado que se poida obter da mesma”, sinala Mario Pillado, tenente da alcaldesa.
O obradoiro está centrado na creación dun tema musical baseado nos textos creados polos propios participantes durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez, “convertendo así esta proposta nun proxecto colaborativo e creativo que pon en valor a visión da mocidade sobre Burela”, conclúe Pillado.