Site icon Crónica3.com A Mariña

Afundación desenvolve este mércores en Foz o proxecto «Plantando árbores con pinceis», que une cultura e sostibilidade

As nenas e nenos utilizan pinturas fotocalíticas, concibidas para absorber os gases contaminantes

Foz, 8 de abril, 2025. Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolverá mañá no CEIP O Cantel de Foz, de 11.00 a 13.00 h, o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis», coa participación de 110 rapazas e rapaces de Educación Primaria. Durante a actividade elaborarán un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes. O artista David Brey Vázquez, de Vella Escola, será o encargado de dirixir a creación da obra nun dos murais do centro educativo. Durante a mañá tamén decorarán bolsas de tea con pinturas ecolóxicas.

A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA. En «Plantando árbores con pinceis» Afundación combina a cultura, a formación e a sostibilidade nun mesmo proxecto no que se incide no imprescindible coidado do medio ambiente para garantir un mundo acorde cos principios que guían os ODS 2030. «Plantando árbores con pinceis» púxose en marcha no 2021, dentro das propostas que a Área Educativa de Afundación ofrece ao longo do curso académico. Cando remate este curso 2024-2025, máis de 17000 escolares e docentes terán pintado máis de 175 murais en centros educativos de toda Galicia.

Exit mobile version