Lourenzá, 14 de abril. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación do torneo de baloncesto XVI Lourenzá En Xogo, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de abril en Lourenza.
A Vicepresidencia da Deputación é o principal patrocinio institucional deste torneo de baloncesto feminino de base, organizado pola ED Lourenzá, que é unha referencia neste tipo de campionatos e que reúne clubs tanto de Galiza como do resto do Estado.
Daniel García destacou “a singularidade deste torneo cunha traxectoria de dezaseis anos de apoio e visibilización do baloncesto feminino” e valorou o “traballo da organización que consegue que clubs de base de distintos puntos do Estado veñan a xogar este torneo, contribuíndo a dinamizar o concello e a comarca coa presenza das xogadoras e das súas
familias”
En total, nesta edición, participarán no torneo 25 equipos das categorías infantil, cadete e junior de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Castilla y León.