Foz, 14 de abril, 2025. A Asociacion civico-cultural A Ribeira de Foz na procura da defensa dos deiretos dos usuarios e propietarios das embarcacións con base e ubicados na zona portuaría de uso náutico-deportivo dos peiraos de Foz, desexa presentar unha queixa formal en relación co estado actual da canle e bocana para a saída e entrada do porto de Foz.
O motivo desta queixa é a falta de calado suficiente na canle de saída e entrada do porto en Foz de uso Mixto Pesqueiro – Náutico – Recreativo , especialmente durante a baixamar, o que impide que as embarcacións poidan entrar ou saír en condicións seguras e operativas. Esta situación está a causar importantes prexuízos tanto para os profesionais do mar e tamén de maneira directa á actividade náutica deportiva e de lecer, xerando serios prexuízos tanto para os usuarios coma para a propia sustentabilidade das infraestruturas portuarias e poñendo en risco tanto os bens como a seguridade das persoas.
“Desde a nosa asociación tamén consideramos que esta problemática é equivalente ou mesmo idéntica á recollida na bonificación establecida na Lei de Taxas Portuarias de 2025, na Tarifa X5 de embarcacións deportivas e de lecer, que di o seguinte”:
“Portos de Galicia aplicará unha bonificación do 50% ás contías dos conceptos A), B) e C), excepto na contía correspondente a embarcacións en seco, ás embarcacións que atraquen en peiraos ou embarcadoiros de titularidade de Portos de Galicia que estean xestionados directamente ou parcialmente por este organismo e que teñan calados inferiores a 1 metro en baixamar viva equinoccial (BMVE). Será requisito para a aplicación desta bonificación que o calado máximo da embarcación permita o seu atraque en condicións de seguridade nestas prazas con calado reducido.”
“Entendemos, polo tanto, que non só está a producirse unha discriminación á hora de garantir a seguridade para as embarcacións no acceso e saida do peirao, senón tamén un incumprimento dos principios de xestión equitativa e racional dos recursos públicos, tendo en conta que a problemática do calado está recoñecida pola propia administración na súa normativa”.
“Tamén entendemos que, do mesmo xeito que se aplica unha bonificación a prazas de atraque con calado inferior a 1 metro, tamén debe aplicarse nos casos como o do porto de Foz nos que o calado insuficiente da súa canle de aceso e bocana, impide directamente a entrada e saída das embarcacións durante a baixamar. A imposibilidade de acceder ou sair do peirao constitúe, na práctica, a mesma condición de inoperatividade que xustifica a aplicación da bonificación mencionada”.
“Facendo un símil é o mesmo que estar pagando o aluguer dun garaxe do que non podas sair nin entrar por ter a porta pechada durante varias horas do día”.
“Por todo isto, solicitamos á Valedora do Pobo que inste aos organismos competentes a”:
1. Adoptar medidas urxentes, como o dragado da canle de saída, que permitan garantir a operatividade do porto durante todo o ciclo de mareas.
2. Namentres que non se faga un dragado, aplicar a bonificación do 50% recollida na tarifa X5 ás embarcacións afectadas por esta situación no porto de Foz.