O presunto autor pretendía saír de maneira ilícita do interior dunha fábrica sita en San Cibrao-Cervo, con cinco bloques de aluminio ocultos no interior do seu vehículo. Os feitos foron detectados pola seguridade privada do complexo industrial ao redor das 06.30 horas do pasado día 8, cando o detido pretendía saír das instalacións, alertando os vixiantes á Garda civil, a cal procedeu á detención do infractor. A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución un de Viveiro.
