Site icon Crónica3.com A Mariña

Xs parlamentarixs socialistas de Lugo reúnense co equipo municipal de Lourenzá

Lourenzá, 5 de marzo, 2025. A reunión prodúcese tras rexeitar o PP a oferta socialista para que Goberno e Xunta afronten conxuntamente a restauración integral do Mosteiro de San Salvador.

Patricia Otero e César Mogo informaron á alcaldesa, Rocío López, e aos concelleiros socialistas, do debate que se produciu recentemente na Comisión de Cultura do Senado en torno ao Mosteiro e a negativa do PP a colaborar economicamente.

É insólito que o PP diga que convido eu, pero pagan todos os demais. E é moi chamativo que os senadores do PP por Lugo nunca acorden nada con ningún outro grupo, limítense a impor as súas posicións. Todo isto indica ás claras que o PP utiliza a súa maioría absoluta no Senado para facer propaganda, pero sen ningunha vontade de resolver ningún problema. O PSOE tendeulles a man para financiar a medias a restauración e o PP só quería quitar á Xunta do medio.

O que están a facer os senadores por Lugo da dereita é unha estafa política aos cidadáns. Valéndose da maioría absoluta do PP presentan iniciativas sen avaliar nin o custo, impoñen as súas posicións sen falar con ninguén e cometen erros que demostran descoñecemento do que presentan. A lista xa é avultada e deberíalles animar a estudar mellor o que levan a debate.

Os parlamentarios socialistas trasladaron á alcaldesa e o seu equipo o seu apoio ao traballo que está a realizar o Concello de Lourenzá. Ese é o traballo que fai mellorar a vida do municipio e non os brindes ao sol inútiles da dereita que pensan en todo menos en Lourenzá

Exit mobile version