Xove, 11 de marzo, 2025. Esta fin de semana, venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibirase en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas).
O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e unhas 250 persoas.
Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de específica no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfrente do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil.
O sábado realizarán distintas actividades, entre elas a Ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños na Rigueira, obradoiro na Panadería Maral para os peques que os acompañan.
Haberá xantar no pabellón polideportivo no que participarán todos os socios e rematarán cun baile de disfraces amerizado por unha solista Sandra Renglifo de La Voz Sentimental.
Na Praza do Concello, dende as 16:00 ata as 20:00h, estarán os postos do Mercado de Artesanía Local de O Faio de Generosa, no cal participarán Vacaloura e Xurela, Glarual Ecoshop, Lebre de abril, Mel do Sierra, Cura da Alma e Esteiro Surfing.
O domingo 16, realizarase a inauguración da área de autocaravanas do centro de Xove e tamén da praia de Esteiro, cun acto no que participará o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo Cecilia Duarte.
Ese mesmo día terá lugar a Asamblea Xeral da AGA no Salón de Actos do Concello.