O Executivo local organiza un evento no que se darán cita as mulleres da vila para compartir experiencias
Deste xeito, o equipo do Executivo local busca realizar un encontro coas mulleres de Viveiro no que compartir experiencias e momentos de lecer nun contexto distendido. A cita deste sábado constitúe un espazo no que convivirán distintas xeracións de mulleres da localidade. Como explicou a alcaldesa, Mariña Gueimunde, “trátase dunha noite de convivencia na que queremos recoñecer o traballo e o labor das mulleres do nosos municipio, e por en valor o papel que teñen no desenvolvemento da nosa localidade”.
O custe da entrada é de 50 euros, e as persoas interesadas poden mercar a súa entrada no propio restaurante a partir do mércores 12 de marzo.