Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro conmemora o 8M cunha marcha, un acto simbólico e a tradicional cea da muller

Viveiro, 7 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro acollerá diversos actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, incluíndo unha marcha, un acto simbólico e a tradicional Cea da Muller.

A xornada comezará coa marcha reivindicativa, que sairá ás 11:00 horas desde os Castelos e percorrerá as rúas principais ata a Praza Maior. Unha vez alí, desenvolverase un acto simbólico de solta de bolboretas de papel, nas que se recollerán frases e mensaxes relacionadas coa defensa da igualdade e a loita polos dereitos das mulleres. A continuación procederase á lectura dun manifesto, co que se pechará o acto institucional da mañá.

Ademais, como parte das actividades previstas, o sábado 15 de marzo celebrarase a Cea da Muller, que terá lugar no restaurante Louzao a partir das 22:00 horas.

En relación á programación do 8M, Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Igualdade de Viveiro, sinalou que “estes actos pretenden poñer en valor o papel das mulleres na sociedade e lembrar que a loita pola igualdade segue sendo necesaria cada día”.

Exit mobile version