O conselleiro participa na 32 edición desta cita gastronómica declarada en 2008 de Interese Turístico Galego
Para a exaltación deste apreciado manxar, que constitúe a base das diferentes receitas, é preciso recollelos os días previos para degustalos frescos ou cocidos, pois só serven os exemplares extraídos como moito tres días antes. Bares e restaurantes da vila prepárano de diferentes formas: en croquetas, en empanada, en tortilla, ao natural ou en pudin. A festa, que se celebra sempre nestas datas, xa que a tempada ideal para consumir os ourizo de mar sitúase entre os meses de xaneiro e marzo, arrancou ao mediodía cun showcooking cos cociñeiros Bruno Pena e Jesús Villarino, ademais da barista Sofía Prieto. Os asistentes puideron degustar este produto na Praza dos Campos e nos sete locais que se suman á xornada.
GALICIA SABE AMAR en Xove
Previamente, o máximo responsable de Mar achegouse ata unha das foodtrucks de GALICIA SABE AMAR que esta fin de semana recalou en Xove, co gallo da concentración da Asociación Galega de Autocaravanas. Trátase dun evento que reunirá ata o domingo entre un 150 e 180 vehículos que desprazarán a unhas 250 persoas, data na que está prevista a inauguración das áreas de autocaravanas do centro de Xove e da praia de Esteiro.