Como cada ano, o acto será aberto a toda a cidadanía, terá lugar este sábado 8 de marzo, ás 12:00 horas, no entorno do Castelo do Castrodouro
Alfoz, 6 de marzo, 2024. Con motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Unha vez mais, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.
Durante a ofrenda, reflexionarase sobre os avances acadados e os retos que aínda quedan por superar. O 8 de marzo non é só unha data conmemorativa, senón un chamamento á acción para erradicar as desigualdades que persisten: a fenda salarial, a dificultade de acceso a postos de responsabilidade, a precariedade laboral que afecta especialmente ás mulleres e a violencia de xénero, que continúa sendo unha das maiores inxustizas do noso tempo.
Desde VIA Alfoz, “convidamos a toda a veciñanza a asistir a este acto e a sumarse a esta reivindicación. A igualdade non é unha meta, senón un camiño que debemos percorrer xuntos, cada día do ano”.