O uso da biomasa pola industria da celulosa aumenta en lugar de reducir as emisións, ademais de alimentar a desaparación dos bosques naturais europeos
Os cálculos presentados indican que Altri empregaría até 700.000 toneladas de madeira primaria (non residual) para alimentar a súa planta de xeración enerxética con biomasa. En termos xerais da industria da celulosa e fibra no Estado, estímase que por cada tonelada de pasta de papel producida se incinera un metro cúbico de madeira para producción de enerxía.
Para Ecoloxistas en Acción, estas cifras revelan que “lonxe de de tratarse dun uso da biomasa sustentábel, eficiente e de baixas emisións, o aumento da capacidade de xeración con biomasa en plantas como a proposta por Altri só fai que aumente o ritmo de extracción, o aumento das emisións de carbono, e a reducción dos sumideiros de carbono existentes”, afirma Cristóbal López, voceiro da organización.
Por iso o informe, cuxa versión íntegra foi remitida á Comisión Europea, axencias comunitarias e Goberno español, recomenda poñer fin ás axudas públicas que incentivan este tipo de proxectos, crear un rexistro transparente das cadeas de suministro de biomasa para as plantas de celulosa e abordar a xigantesca demanda enerxética do sector centrándonos na reducción da producción e demanda en vez de aumentar a xeración.
O informe forma parte dunha investigación a nivel europeo liderada por Biofuelwatch e Environmental Paper Network, que tamén aprofundou nos casos de Portugal, Finlandia, Suecia e Alemaña, mostrando que cada ano se incineran 45 millóns de metros cúbicos de madeira da UE en plantas de producción de celulosa. Isto implica que a industria da celulosa é responsábel pola queima do 17% da biomasa de madeira primaria na UE.