Viveiro, 26 de marzo, 2025. O implicado estaba tirado nunha lameira e foi necesaria a intervención dos bombeiros para chegar ata el.
Foi un particular quen, pasadas as 22:30 horas, informou ao 112 Galicia dun home caído nunha lameira na zona do paseo marítimo de Viveiro.
Desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e á Policía Local de Viveiro, así como aos axentes da Policía Nacional.
Os bombeiros conseguiron chegar ata a persoa e rescatala, tralo que foi atendida polos profesionais sanitarios que se desprazaron ata o lugar.