Durante o encontro, Xose Merelles coñeceu de primeira man o resultado de iniciativas turísticas como ‘A Mariña. Plans con corazón’ ou a campaña “A Mariña latexa contigo’, que precisamente foi presentada este ano en Fitur 2025. A vicepresidenta da Mancomunidade tamén lle trasladou outras iniciativas como as que se centran na gastronomía da comarca ou a intención de acoller un centro BTT (Bicicletas Todo Terreno), para o que o director de Turismo de Galicia lle ofreceu a colaboración e o asesoramento do seu departamento.