O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou a importancia desta iniciativa para seguir mellorando as infraestruturas locais. “Estas actuacións únense a outras que se van levar a cabo nos próximos meses, coas cales queremos continuar coa mellora das nosas vías municipais”, destacou.
Os barrios nos que se executarán as melloras específicas son Carril, A Retorta, Pacios e Follabal, reforzando así o compromiso do Concello coa accesibilidade e seguridade viaria da veciñanza.