Trabada, 3 de marzo de 2025. Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa “Cine na Rúa”, ofrecendo a proxección do filme “Oro Blanco”. A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
“Oro Blanco” é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.
Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e debate sobre o papel das mulleres na sociedade.
Animamos a todas e todos a achegarse á Casa da Cultura para compartir esta xornada e seguir traballando xuntas e xuntos por unha sociedade máis xusta e igualitaria.