Trabada, 12 de marzo de 2025. O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, un evento musical e festivo que terá lugar o venres 28 de marzo. A cita contará coa participación de diversos grupos que animarán a xornada nos seguintes locais:
Bar O Porfirio con A Chocolateira
Mesón Camiño Norte con No Cómbaro
Taberna da Curuxeira con Mon & Cía
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para a dinamización do municipio: “Como todos os anos, desde o Concello de Trabada organizamos os Cantos de Taberna nos diferentes locais de hostalería co obxectivo de impulsar a economía local. Esta actividade forma parte do noso compromiso coa promoción cultural e turística do noso concello, complementando outras moitas iniciativas ao longo do ano”.
Os Cantos de Taberna consolidáronse como unha tradición en Trabada, promovendo a convivencia veciñal e ofrecendo unha alternativa de ocio que fortalece o sector hostaleiro local.