A solicitude desta subvención foi presentada polo Concello o pasado 21 de febreiro ás 12:02, tan só dous minutos despois da apertura do prazo de presentación. Este feito reflicte a planificación e a eficiencia na xestión do goberno municipal, que vén traballando de maneira anticipada para garantir o éxito das súas iniciativas.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta subvención e a metodoloxía seguida polo Concello para acadar este tipo de axudas: “A planificación previa e a boa xestión do noso equipo están a dar os seus froitos, como demostran as resolucións favorables que vimos de recibir. Este é o camiño a seguir: traballar con previsión e adaptar os nosos proxectos ás bases das convocatorias publicadas no Diario Oficial de Galicia”.
Grazas a esta subvención, o Concello poderá levar a cabo unha actuación fundamental para a conservación e posta en valor da Área recreativa de A Choza, un enclave estratéxico para o desfrute da veciñanza e dos visitantes que se achegan á Ría de Abres.