O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe celebramos un pleno municipal onde vamos abordar cuestións coma o abastecemento da auga, 8,5 millóns de euros. A Xunta de Galicia vai aportar 7,5 e desde logo é un paso importante, o paso definitivo para xa licitar a obra. Aprobamos definitivamente o proxecto de obra, e creo que é de salientar que durante todo este período o que se estivo foi facendo un traballo fundamental de xestión, tamén de redacción do proxecto e de análise por parte da comisión da auga. É unha boa noticia a aprobación definitiva do proxecto de auga de 8,5 millóns de euros, poñerlle solución a un tema que levábamos moitos anos reivindicando e falando, pero ninguén concretou ese orzamento, e polo tanto agradecerlle á Xunta e aos técnicos municipais por este traballo fundamental para mellorar toda a rede de abastecemento da auga de Ribadeo”.
O rexedor seguiu a relatar: “tamén levamos ao pleno a aprobación do convenio de execución das obras da rúa Buenos Aires, a renovación por completo dunha rúa que leva moitos anos abandonada. E desde logo nós consideramos que hai que acometer esa renovación por completo: o pavimento, pero tamén todo o que hai por debaixo, é dicir separar as pluviais, as fecais, unha rede eléctrica nova, todo soterrado. Creo que estamos facendo as cosas con moito rigor e sentido”.
Outro dos asuntos que se abordarán no pleno ordinario de hoxe é a aprobación do Plan Único da Deputación: “370.000 euros, que vamos investir na rede de infraestruturas das nosas parroquias. O proxecto tamén de ampliar e mellorar a conectividade de toda esa rede medioambiental que debemos conservar do espazo natural da praia das Catedrais. Eses fondos europeos de 270.000 euros, onde nos converte no Concello que mais fondos europeos xestionou. Tamén agora a aprobación definitiva no pleno municipal e o seguinte paso xa irá ao Consello da Xunta a aprobación do escudo e da bandeira de Ribadeo”.
Vega explicou que “a modificación da ordenanza sobre o uso especial de vías públicas municipais. Para que nos entenda todo o mundo a nova ordenanza forestal tan importante, tan fundamental e neste caso o que damos é un paso importantísimo. Somos un Concello referente nesta ordenanza, unha ordenanza pragmática, que se cumpre perfectamente, que é concreta, xa que se non cumpres na conservación das nosas pistas por parte das empresas forestais, pois aplicaranse sancións duras, pero sancións que o que queren é coidar, velar polo interese xeral de todos, é dicir por conservar as nosas pistas forestais. E dámonos conta que o sector forestal, e agora temos destas días datos importantes da facturación, do impacto económico, pero debe haber unha regulación para que se poidan conservar as pistas forestais”.
O alcalde engadiu: “e aprobaremos tamén varias modificacións da RPT e do Plan Estratéxico de Subvencións. O de hoxe é un pleno cargado, un pleno que en orzamento suma 10 millóns de euros da achega da Xunta de Galicia e da Deputación. Polo tanto, o que se concreta é un pleno onde hai unha xestión, onde hai un traballo continuo para seguir avanzando”.