Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación este 8M en Mondoñedo do documental “Espeleoloxía: substantivo feminino”

Mondoñedo, 4 de marzo, 2025. A Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) celebra o día da Muller o vindeiro sábado 8 de marzo co Espeleomuller, en Mondoñedo. Co gallo desta celebración, a FGE pon en valor as súas espeleólogas.

Terán lugar unha serie de actividades na cidade de Mondoñedo, visitas á Cova do Rei Cintolo e a realización, para federad@s, do percorrido “Bucle circular Viana- Niphargus” pola cova máis grande de Galicia, a do Rei Cintolo.

Ás 18:30 do serán presentarase o documental “Espeleoloxía: substantivo feminino”, no que
se reivindica o papel das mulleres na espeleoloxía galega, desde as primeiras xeracións con Lourdes Castiñeira, a mulleres ao fronte de exploracións coma Inma Pumariño e deportistas de alto nivel coma María Luisa Barros.

A espeleoloxía galega é un deporte cunha elevada porcentaxe de mulleres federadas, tendo en conta a media galega no resto dos deportes. A FGE conta cun 35% de mulleres espeleólogas que participan en tódolos ámbitos da vida federativa. A nivel competición, a porcentaxe de mulleres acada o 70% e na Xunta Directiva da FGE existe unha total paridade, pois as mulleres ocupan o 50% das vogalías.

Exit mobile version